Calendario

< Setembro > 2014
L M M X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30

Localización das Aulas



Suscríbete
á Aula Centro Multimedia de Galicia - Santiago de Compostela

Actividade na RTC

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 25 DE NOVEMBRO PARA RECIBIR A PAPA NOEL POR VIDEOCONFERENCIA NO TEU CONCELLO

 

· A actividade terá lugar na semana do 12 ao 16 de decembro, en xornada de mañán, simultáneamente en varias aulas CeMIT

Durante a semana que vai do 12 ao 16 de decembro de 2011, os escolares galegos de infantil poderán volver a interactuar con Papa Noel a través do sistema de videoconferencia instalado na maioría das aulas da rede CeMIT.

O obxectivo desta actividade, que conta cun gran interese entre a comunidade educativa, será o de establecer unha comunicación fluída e cara a cara entre Papá Noel e os nenos destas comarcas, poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo.

O mecanismo é sinxelo: desde a aula cabeceira sita en Santiago de Compostela, onde estará Papa Noel, establecerase unha videoconferencia con varias aulas ao longo da xornadas de mañán. Cunha duración aproximada de media hora en cada aula, os máis cativos da casa poderán facer as súas peticións de Nadal e interactuar directamente e sen intermediarios botando mán das novas tecnoloxías.

É por isto que necesitamos a vosa colaboración para promocionar e difundir esta actividade entre os grupos de educación infantil dos centros do teu concello e facilitar as inscricións que nalgúns concellos xa nos demandaron.

Pasos para realizar a preinscrición:

  • Poñerse en contacto co centro educativo do voso concello
  • O axente TIC ou responsable da aula remitirá un correo a oficinacemit@xunta.es  antes de 25 de novembro no que xuntará os datos de contacto (nome centro, nome titor/a, teléfono)
  • Unha vez rematado o prazo de preinscrición, poñeremonos en contacto convosco para realizar a distribución do día e hora, en orde as vosa petición e dispoñibilidade.

Despois da experiencia doutros anos, e para non facer demasiado monótona á espera de turno para os rapaces ou templar os seus nervios e temores ante un micrófono, sería aconsellable comentar co equipo docente a posibilidade de integrar esta actividade dentro doutra de dinamización como pode ser unha pequena festa, acto explicativo, emisión de video ou reparto de golosinas, a elección do voso criterio.

 

NOTA: Este acto realizarase naquelas aulas que teñen un sistema de videconferencia que utilice un protocolo compatible co H323, tipo Polycom, Tandberg, …No caso de estar interesados e non dispoñer deste hardware, terían que poñerse en contacto coa aula CeMIT mais próxima que dispoña deste sistema. 

Compárteo
Deixa o teu comentario


(non será publicado)




Lin e acepto as condicións do uso de comunidade

Todos os campos marcados con (*) son obrigatorios.