O concurso "As grandes frases da drobraxe da Galega" está enmarcado na celebración dos 25 anos da CRTVG.
O concurso "As grandes frases da dobraxe da Galega" invita ao concursante a propoñer e votar as frases máis coñecidas e orixinais produto da dobraxe ao galego da TVG de series ou películas estranxeiras, como a tan lembrada “Suellen, estás bébeda”, da serie Dallas, ou “A rañala, raparigo”, da película Terminator.
Dende o twitter do CMG animarase a participar votando as frases favoritas e suxerindo outras novas.
Trátase dunha homenaxe a estas frases, que serán propostas libremente polos usuarios a través de Twitter, coa utilización do hashtag #tvg25 #dobraxe.
O concurso ten dous obxectivos:
Para participar só tes que tener unha conta en Twitter e seguir a canle do CMG. Para enviar unha frase hai que enviar un Reply ao usuario cmg_gl.
Exemplo dun tweet de suxerencia: @cmg_gl “Sue Ellen estás bébeda” (JR, Dallas) #crtvg25 #dobraxes
Deste xeito a nova frase suxerida será recibida polo usuario cmg_gl, revisarase que non estea xa entre as existentes e engadirase para que poida ser votada.
A recepción de frases remata o venres 30 de abril. Despóis desa data non se aceptarán máis propostas.
A partir do luns 3 e ata o 21 de maio abrirase o prazo para a votación das frases que será tamén a través de Twitter (TwtPoll).
Hai tres premios:
A comunicación cos premiados notificarase a través dunha mensaxe directa dentro da plataforma Twitter, polo que recomendamos, novamente, a todos os participantes seguir ao usuario cmg_gl.
A qué esperas para participar!!