Calendario

< Febreiro > 2012
L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29

Localización das Aulas



Compárteo

Oferta formativa

Dentro dos obxectivos do Centro Multimedia de Galicia está o de elaborar programas de formación. Estes véñense desenvolvendo desde setembro do 2000, coa finalidade de formar profesionais na creación de contidos multimedia e no manexo das novas tecnoloxías. A base destes cursos é a de aportar unha visión xeral de cada unha das ferramentas seleccionadas para que o usuario despois elixa a que lle sexa máis útil e poda afondar nela.

Os cursos emítense desde o CMG as aulas avanzadas da Rede CeMIT.

O CMG utiliza na retransmisión interactiva dos cursos dous sistemas complementarios e independentes: Unha multiconferencia de vídeo-audio entre o posto do profesorado e un dos ordenadores das Salas Web e unha multiconferencia de datos entre o posto do profesorado e tódolos postos do alumnado.

O obxectivo último do programa é garantir unha formación de calidade, cos mellores profesionais en cada campo, e achegar ao maior público posible, desde as grandes capitais ata as localidades máis afastadas.

Os cursos ofertados polo CMG son de balde.

O Centro Multimedia de Galicia tamén dispón dunha plataforma de teleformación, baseada en Moodle, na que inclúe unha serie de cursos offline. Para seguir estes cursos só hai que darse de alta como usuario.

Para solicitar máis información: formacion@centromultimedia.net

A quen se dirixe

A oferta formativa está dirixida á ciudadanía en xeral.

Acceso

Programa de Formación (cursos online):

Plataforma de Teleformación (cursos offline):

Cursos dispoñibles no portal de Teleformación (cursos offline):

Acceso á plataforma de Teleformación: http://www.cmg.xunta.es/aula