Os cursos offline son cursos que se realizaron na Rede CeMIT e que están dispoñibles na plataforma de teleformación do CMG.
Para acceder aos cursos hai que darse de alta como usuario na plataforma. Para calquera dúbida contactar co CAU do CMG.
O proxecto multimedia de formación está formado por doce titoriais de temáticas tan diversas como a de atopar traballo na Rede, formación online, redes sociais, etc. e dun curso de imaxe e vídeo dixital.
Os titoriais están dispoñibles desde as aulas CeMIT.
Tamén están pensados como executables a distribuír en CDs, pen drive ou outros soportes nas diversas aulas CeMIT interesadas.
Para cada un dos titoriais realizaranse xornadas de presentación nos Telecentros de Comunicación da man de expertos en cada unha das temáticas a tratar.
VALORACIÓN DOS TITORIAIS: podes axudarnos a mellorar os titoriais coas vosas suxerencias.
Contidos interactivos para DVB: MHP
O curso de Contidos interactivos para DVB: MHP foi impartido no Programa de Formación Audiovisual 2006/2007. O obxectivo é iniciar ao alumnado nas tecnoloxías asociadas á nova televisión dixital interactiva baseada no estándar MHP. Aprender a desenvolver aplicacións telemáticas para este novo medio.
Software libre para xerar contidos multimedia: Blender
O curso de Blender foi impartido no Programa de Formación Audiovisual 2006/2007. O obxectivo deste curso é coñecer as técnicas básicas de creación 3D a través do Blender. Blender é software libre multiplataforma, dedicado especialmente ao modelado e creación de gráficos tridimensionais.
Software libre para xerar contidos multimedia: Inkscape
O curso de Inkscape foi impartido no Programa de Formación Audiovisual 2006/2007. O obxectivo deste curso é aprender as técnicas máis utilizadas e creativas do Inkscape. Inkscape é unha ferramenta de debuxo multiplataforma de código aberto para gráficos vectoriales SVG.
Vídeo na Internet
O curso de Vídeo na Internet foi impartido no Programa de Formación Audiovisual 2006/2007. O obxectivo deste curso é abordar os cambios que xera a integración do vídeo na web, cambios que afectan a aspectos tan diversos como os procesos de produción, postproducción, a estética ou a linguaxe audiovisual, entre outros.
A Blogosfera
As xornadas sobre A Blogosfera foron impartidas no Programa de Formación Audiovisual 2006/2007. O obxectivo destas xornadas é achegar o mundo dos Blogs a través das experiencias dos máis destacados blogueiros galegos. Coñecer, entre outros temas, o uso de diferentes aplicacións dos Blogs, o perfil do blogueiro galego e os Blogs con temática fotográfica e de video.
Cursos Básicos de Alfabetización Dixital
Estes cursos están formados por 3 módulos nos que o alumno adquirirá os coñecementos básicos para poder manexarse en:
Cursos Básicos de Ofimática
O obxectivo destos cursos é que os estudantes adquiran coñecementos básicos sobre os seguintes temas:
Acceso
Para acceder a estes cursos só tes que inscribirte como usuario na plataforma de Teleformación do CMG