Clave
Teleformación

Cómo se imparte

O modelo formativo do CMG baséase no concepto de blended learning. Combínanse actividades presenciais, síncronas e de e-learning. Os mestres dirixen as sesións de aprendizaxe dende a sede central do CMG, transmitíndose en tempo real ao resto das aulas.

Os estudantes dispoñen dunha plataforma de e-learning con exemplos e actividades prácticas para complementar as sesións có mestre, e teñen acceso a un servicio de atención ao estudante que lles proporciona titorías, asistencia técnica e asesoramento profesional.

As clases presenciais realízanse en cada un dos telecentros e están orientadas a desenvolver actividades puramente prácticas que son clave para o aprendizaxe do tipo de curso impartido. A parte das titorías a través de comunicación síncrona, tamén se realizan titorías personalizadas de tal forma que o profesor toma o control do ordenador do alumno, sacándolle todo o rendemento ás aportacións das TIC.

Ademáis do persoal docente - profesores e persoal de atención ao estudante no desenrolo dos cursos participa persoal de soporte. Este equipo ten como obxectivo garantir que a experiencia docente non se vexa mediatizada pola utilización de ferramentas informáticas e de comunicación.

O sistema de retransmisión interactiva dos cursos baséase en dous conceptos. En primeiro lugar, disponse dun sistema de multiconferencia de vídeo-audio entre o posto do profesor e un equipo en cada sala remota equipado cun canón de video ou pantalla de plasma e un sistema de audio ambiental. Este sistema utilizase para a retransmisión en tempo real das sesións de clase. Ademáis, utilizamos un sistema de multiconferencia de datos entre o posto do mestre e todos os postos dos alumnos, que se utiliza para facer chegar ao profesor as preguntas e comentarios dos estudantes. Este segundo sistema facilita a interacción entre o mestre e os estudantes nun entorno onde participan todos os telecentros de comunicación.

O sistema compleméntase cun servizo online de matrícula, de organización de grupos docentes e de xestión de horarios, de maneira que os nosos estudantes non precisen desplazarse en ningún caso á sede central do Centro Multimedia de Galicia.

Infraestructura

O equipamento físico utilizado é o siguinte:

Xeneral:

  • MCU

Sala Profesor:

  • Videoconferencia
  • PC de execución, visible por todos os alumnos.
  • PC Codificador para gravación do curso.
  • PC de referencia, para apoio do profesor.
  • PC servidor Web (segundo o curso).

Telecentros:

O CMG utiliza na retransmisión interactiva dos cursos dous sistemas complementarios e independentes: Unha multiconferencia de vídeo e unha multiconferencia de datos entre o PC do profesor e todos os PCs dos alumnos.

Esquema de Rede

 Esquema da rede de telecentros de comunicación