Celebrando os 25 anos da CRTVGCon motivo da celebración dos 25 anos da CRTVG, a Secretaría Xeral de Medios pon en marcha un proxecto de colaboración coa CRTVG co obxectivo común de potenciar os avances tecnolóxicos cos que conta Galicia no ámbito das comunicacións. Para a promoción e celebración deste aniversario e co obxectivo de promocionar as novas formas de comunicación que xorden de Internet, nas aulas avanzadas da Rede CeMIT realizaranse os seguintes concursos: - "As grandes frases da dobraxe da Galega"
O concurso "As grandes frases da dobraxe da Galega" invita ao concursante a propoñer e votar as frases máis coñecidas e orixinais produto da dobraxe ao galego de series ou películas estranxeiras como a tan lembrada "Suellen, estás bébeda", da serie Dallas, ou "a rañala, raparigo", da película Terminator. Dende o twitter do CMG animarase a participar votando as frases favoritas e suxerindo outras novas. |Bases|
- "Que está a pasar nas aulas CeMIT con motivo dos 25 anos da CRTVG
En "Que está a pasar nas aulas CeMIT con motivo dos 25 anos da CRTVG", trataríase de facer partícipes aos asistentes a través de Twitter. |Bases|
Nas aulas da Rede CeMIT da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol desenvolveranse cursos de stop motion, técnica de animación capaz de aparentar o movemento de obxectos estáticos capturando fotografías, no que participarán grupos de 30 persoas de idades comprendidas entre os 14 e os 16 anos.
Calendario de actividades 2010MES DE ABRIL- 19 de abril: ás 11:00 horas Santiago Pemán estará na Fac. CC da Comunicación (Santiago de Compostela)
Santiago Pemán comezou a súa carreira profesional como inspector de voo e piloto. Voando, afeccionouse á observación meteorolóxica e conseguiu unha praza no observatorio do aeroporto de Santiago. Nunca, segundo confesa, chegou a cursar os estudos de Meteoroloxía. A súa entrada na TVG, que foi a que o fixo famoso en Galicia, data de 1986, cando a canle autonómica galega estaba nos seus comezos. Conta que foi un día a un plató no que estaba posto un croma e, cando viron como se desenvolvía diante del, foi contratado. Dende entón, foi o home do tempo da TVG ata comezos do século XXI. Mantén unha colaboración coa radio autonómica, onde dá o tempo no mar. Pemán tiña unha forma de presentar a información meteorolóxica que marcou estilo, pois popularizou palabras pouco coñecidas fóra de certos ámbitos profesionais (en especial ás relativas ao mundo do mar) e achegou un feixe de refráns sobre o tempo. A súa popularidade chegou a que lle dedicaran camisolas. Fixéronlle cancións Ana Kiro, Skakeo e Montse e Luis Queimada, e participou nun videoclip de Lamatumbá. Ten saído en series de televisión, interpretándose a si mesmo, como Pratos combinados. Retirado da TVG, mantén unha páxina web con información meteorolóxica.
- 20 de abril: ás 11:00 horas Xosé Ramón Galloso estará na Biblioteca pública Miguel Glez. Garcés (A Coruña)
Xosé Ramón Gayoso, nado o 25 de abril de 1956 na Coruña, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e foi avogado do Tribunal da Rota, traballou na TVG desde a súa inauguración en 1985, presentou programas como Entre Nós, Lúa Nova, O veciño do xoves, Corazonada, Adiviña quen ven esta noite e Pensando en ti. Pero foi con Luar (a partir de 1992) cando se fixo inmensamente popular.
- 22 de abril: ás 11:00 horas Luis Rial estará na Fac. CC. da Comunicación (Santiago de Compostela)
Luis Rial empezou traballando nos anos sesenta na SER, logo pasou a Radiocadena Española e en 1973 comeza a traballar como correspondente de Radio Nacional de España en Galicia, con sede en Santiago. Alí permanece ata 1985 cando pasa a integrar o cadro de traballadores da recén creada Radio Galega. Na emisora pública galega realizou diversos traballos como reporteiro e enviado especial a países da emigración. Durante moitos anos foi o presentador dunha sección dos magazines da fin de semana chamada Galicia en festas, e que despois se converteu en programa de seu baixo o título Un día de radio. - Premio de Xornalismo de Galicia (1988)
- Premio á Galeguidade (1987)
- Premio Álvaro Cunqueiro de xornalismo gastronómico (1999)
- 23 de abril: curso de StopMotion en Ferrol.
- 26 de abril: curso de StopMotion en Lugo.
- 27 de abril: de 10:00 a 14:00 horas. Xabarín estará na Biblioteca pública Miguel Glez. Garcés.
- 28 de abril: de 10:00 a 14:00 horas. Xabarín estará en Ferrol.
- 29 de abril: de 10:00 a 14:00 horas. Xabarín estará en Ourense.
- 30 de abril: curso de StopMotion na Coruña.
MES DE ABRIL- 3 de maio: ás 11:00 horas Luis Rial estará na aula de Lugo (Lugo)
- 4 de maio: de 10:00 a 14:00 horas. Xabarín estará na Fac. de CC. da Comunicación.
- 5 de maio: ás 11:00 horas Terio Carrera estará na aula de Ferrol (A Coruña).
Terio Carrera é xornalista deportivo da CRTVG e actual xefe de deportes da Radio Galega.
- 6 de maio: ás 11:00 horas Mª Xosé Rodríguez estará na aula de Ourense (Ourense).
María Xosé Rodriguez é natural de Vigo. É unha das presentadoras máis carismáticas dos inicios da TVG, onde comezou co concurso do programa Arestora, acompañada do famoso Pupo. Logo presentou outros programas na TVG, como "Crocante" e dirixiu e presentou o "Bam Bam Club". Gañou un premio TP como presentadora máis coñecida dunha televisión autonómica. Na radio dirixiu e presentou varios programas como "O Miradoiro", "De fin de semana"ou"Operación Maragota". Máis Berberechos é o programa que se emite nas fins de semana pola noite na Radio Galega e que presentan María Xosé Rodríguez e Cristina García. En Máis Berberechos trátanse con calma temas que noutros programas pasan desapercibidos. Tanto se pode falar da conveniencia ou non do velo islámico como da conveniencia ou non de seguir tendo unha amistade co teu ex. Iso si, sexa un tema ou o outro, os dous merecen un tratamento en profundidade e Máis Berberechos é o único programa da radio que equipara en importancia temas tan variados coma estes.
- 7 de maio: curso de StopMotion na Fac. de CC. Sociais e da Comunicación (Pontevedra).
- 11 de maio: curso de StopMotion na Fac. de CC. da Comunicación (Santiago de Compostela).
- 14 de maio: curso de StopMotion na aula do concello de Vigo (Vigo).
- 18 de maio: de 10:00 a 14:00 horas. Xabarín estará en Lugo.
- 19 de maio: curso de StopMotion na aula do concello de Ourense (Ourense)
- 20 de maio: de 10:00 a 14:00 horas. Xabarín estará na Fac. de CC. Sociais e da Comunicación (Pontevedra)
- 21 de maio: de 10:00 a 14:00 horas. Xabarín estará en Vigo.
- 26 de maio: entrega de premios dos concursos.
Audiovisualdegalicia.esaudiovisualdegalicia.es é un portal que pretende ser a porta de entrada única do audiovisual creado ou filmado en Galicia. O aspecto innovador reside no feito de converterse nun agregador audiovisual, é dicir, os seus contidos proveñen de diversas fontes externas relacionadas, dunha ou outra forma, co audiovisual galego. Englóbase nun só portal toda a temática audiovisual galega, ofrecendo a posibilidade de subscrición a todos os contidos a través de RSS. Ademais a web presenta un fluxo de vídeo continuo que se nutre do Cine Galego na Rede, de xeito que se aproveitan as sinerxías entre proxectos para favorecer ao máximo e garantir a difusión, o recoñecemento, a posta en valor e a divulgación do audiovisual galego. Máis información: http://www.audiovisualdegalicia.es/ O Cine Galego na RedeEsta canle abre unha nova vía para a promoción e difusión das obras feitas en Galicia e tamén permite abrir unha nova ventá de explotación comercial, aproveitando as vantaxes de inmediatez e universalidade que ten a rede. Os obxectivos fundamentais deste proxecto son: - Facilitar o acceso os contidos audiovisuais as canles de televisión locais e da TDT, permitindo o acceso os datos fundamentais para negociar a súa emisión.
- Dixitalizar as obras audivisuais galegas, facilitando o camiño cara ás novas demandas que se producirán no sector nos vindeiros anos.
- Clasificar as producións galegas seguindo estándares internacionais.
- Promocionar o noso audiovisual e servir de apoio ás accións de marketing desenvolvidas polas produtoras e distribuidoras.
Máis información: http://www.cinegalego.es/ Concurso Curtas na Rede (3ª edición)Nova edición do concurso Curtas na Rede. O concurso comeza o 14 de febreiro de 2008 e remata o 29 de outubro de 2008. Obxectivos: - Explorar e dar a coñecer a creatividade audiovisual presente na poboación.
- Servir de escaparate da creación audiovisual existente fóra da industria.
- Promover a creación audiovisual non profesional.
- Promover a animación non profesional.
- Utilizar internet como un espazo para a creación e para a comunicación.
- Crear un punto de encontro da creatividade en internet fornecendo os lazos que posibiliten a formación e fundación dunha comunidade estable, creativa e cooperante entre todas e todos os seus membros.
- Crear un punto de encontro da creatividade entre distintas culturas, especialmente a iberoamericana.
- Poñer as redes sociais que xorden de internet ao servizo da creatividade audiovisual.
Máis información: http://www.curtasnarede.es/ Campaña didáctica "a videoconferencia como ferramenta de comunicación"A través da campaña didáctica "a videoconferencia como ferramenta de comunicación" a Subdirección Xeral de Enxeñaría e Planificación de Telecomunicación, Radio, Televisión e Multimedia pretende reforzar o proxecto Audiovisual nas Aulas, liderado polo Consorcio Audiovisual de Galicia, para que os alumnos de secundaria poidan coñecer as posibilidades de comunicación dos sistemas de videoconferencia dos que dispón a Red de Telecentros de Comunicación. |+ info| Canle de TV en InternetA canle de TV en Internet da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual está dispoñible en http://tv.audiovisualdegalicia.es e ten como obxectivo ser un escaparate do audiovisual galego. Máis información: http://tv.audiovisualdegalicia.es/ Curtas na Rede 2007 (2ª edición)Esta iniciativa innovadora naceu có propósito de explorar a creatividade de calquera persoa con inquietudes na creación audiovisual e conxugala cun novo escaparate: internet. Creación e internet, son os pivotes sobre os que xira esta nova convocatoria que pretende: - Servir de escaparate de mostra da creación galega. - Promover o audiovisual galego no profesional. - Utilizar internet como un espazo para a creación e a comunicación. - Crear un punto de encontro da creatividade entre Galicia e a comunidade galega do exterior. - Poñer as redes sociales que xorden de internet ao servicio da creatividade audiovisual. - Extender a cultura audiovisual e a filosofía web 2.0 entre toda a xente sen importar a idade. Máis información: http://www.curtasnarede.es/ Resumo entrega de premios. Teatro Colón. 8/10/2007 Curtas na Rede 2006A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e o Consello da Xuventude de Galicia, organizaron este concurso coa colaboración da Consellería de Cultura e Deporte, Compañía de Radiotelevisión de Galicia (Programa Onda Curta), o Consorcio Audiovisual de Galicia e R. Tres eran os obxectivos do concurso: - Servir de escaparate de mostra da creación galega
- Promover o audiovisual galego no profesional
- Utilizar Internet como espazo para a creación e para a comunicación
Cortos gañadores 2006 Día Mundial de InternetA Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual preparou xogos online e instalou unha Gran Carpa na Praza do Obradoiro co motivo do Día Mundial de Internet. XOGOS ONLINE: ARCADE MULTIMEDIA: Dende o día 9 ata o 15 de maio puidose xogar, a través da web do Concurso Curtas na Rede , ao xogo ARCADE MULTIMEDIA. Con este xogo pretendíase que o xogador conñecera as principais tarefas dunha corporación multimedia. As persoas que obtiveron as tres máximas puntuacións recibiron unha cámara fotográfica dixital, un dispositivo multimedia dixital iPod de 30 GB e un reproductor MP3. Os premios entregaronse na carpa o martes 16 de maio. Descarga a memoria do concurso. CARPA: INTERNET E COMUNICACIÓN:Dentro da carpa, proxectaronse as curtametrajes presentadas ata ese momento no Concurso Curtas na Rede. Os interesados en participar podían deixar os seus traballos na carpa. Ademáis na carpa instaláronse seis postos informáticos con acceso a Internet, dende onde se tiña acceso a un videoxogo a través da web do Concurso Curtas na Rede. Trátase dun xogo Director por un Día, no que os xogadores demostraron as suas habilidades no mundo da comunicación e as suas dotes audiovisuais coma directores dun programa de TV. Os visitantes da carpa tiveron a oportunidade de gravar pequenas mensaxes de video que podían enviar a un amigo, familiar, etc. xa que están dispoñibles dende a web de Curtas na Rede. A instalación da carpa foi posible gracias a colaboración da Secretaría Xeral de Comunicación co concello de Santiago de Compostela e a empresa galega R. Descarga o resume Concurso "entra e navega"Obxectivo: difundir o uso de Internet como unha nova forma de comunicación e dar a coñecer a rede pública de puntos de acceso a Internet que existe na actualidade na nosa comunidade. O concurso constaba de dous xogos: "Camiño de Bibliotecas" e "Xerencia de Bibliotecas". "Camino de Bibliotecas": o concursante tiña que elexir cinco bibliotecas da sua comarca e visitalas cun pasaporte bibliotecario; en cada unha de elas tiña un tempo limitado no que debía responder dez preguntas. Ao finalizar debía levar os selos das cinco bibliotecas que visitou e nas que xogou. "Xerencia de bibliotecas": o concursante tiña que conseguir o maior número posible de libros para sua biblioteca, que obtiña mediante puntos, aos que accedía contestando dez preguntas navegando pola rede.
|