IntroduciónA Subdirección Xeral de Enxeñaría e Planificación de Telecomunicación, Radio, Televisión e Multimedia xestiona a través do Centro Multimedia de Galicia unha Mediateca que da almacenamento a un repositorio de obxectos multimedia accesibles desde un abano de servizos web da Xunta de Galicia. Dende a orixe da mediateca se buscou a independencia do almacenaxe do obxecto multimedia respecto do servizo polo que fose requirido e incluso do método de visualización. Ademais creouse unha base de datos intermedia de enlaces de xeito que os servizos utilizasen unha dirección de acceso ao contido común que fose redireccionada convintemente ao obxecto, e facendo que calquera cambio no sistema da mediateca so se reflectise nun cambio nesta base de datos intermedia e non en cada un dos servizos que acceden aos contidos. Sobre este sistema de almacenamento e o xestor de enlaces se desenvolveu un entramado de servizos novos e outros xa existentes que dan forma aos interfaces das webs, realizan as buscas e enlazan aos contidos: xestores bibliográficos, webs específicas, xestores de cursos de formación, ferramentas de busca a texto completo, persoalización de buscas parciais, visores, etc. Na mediateca do CMG reside por un lado un sistema de almacenamento NAS de 1,5 TeraBytes en RAID 5 e un sistema de backup robotizado que dan cabida aos obxectos multimedia. Por outro lado un servidor web proporciona o acceso á base de datos de enlaces intermedia, á vez que sirve visores persoalizados. Por outra banda están os sistemas que albergan os servizos que acceden aos obxectos multimedia como as ferramentas bibliográficas, os portais de formación, as webs que ofrecen acceso a estes contidos ou ferramentas coma a de busca a texto completo (OCR) que requiren de sistemas propios Relación de Contidos da MediatecaHemeroteca:
Monografías:
Manuscritos:
Carteis
Cartografía:
Vídeos
Enlaces a páxinas que utilizan os contidos de prensa, manuscritos, monografías e carteis da mediateca da DXCA soportada polo CMGhttp://catalogo.rbgalicia.org/search*gag~S3/Z: desde a web do CSBG, Catálogo Bibliográfico de prensa, manuscritos, monografías e cartografía dixitalizados e publicados. Enlaces aos contidos de video da mediateca da DXCA soportada polo CMGhttp://www.cgai.org/: Visionado de peliculas na web |