|
A Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia, a través da Subdirección Xeral de Enxeñaría e Planificación de Telecomunicación, Radio, Televisión e Multimedia, xestiona e coordina proxectos multimedia e audiovisuais prestando servizos horizontais á Administración pública. No Centro Multimedia de Galicia centralízase a infraestructura necesaria para dar cobertura a estes servizos aportando a súa experiencia e profesionalidade. O Centro Multimedia de Galicia actúa como centro coordinador e dinamizador da Rede de Telecentros de Comunicación, para garantir o mantemento e a total operatividade. A Rede de Telecentros de Comunicación constitúese como un medio de comunicación necesario para levar a cabo o seu obxectivo fundamental: achegar aos cidadáns galegos o acceso ás novas tecnoloxías no ámbito da comunicación a través de Programas de Formación multimedia, que responden ás novas demandas: desenvolvemento de páxinas web, vídeo en Internet, CDs interactivos, educación a distancia e arte dixital. A través dos Telecentros de Comunicación pódense realizar calquera evento que estea relacionado coas novas tecnoloxías no ámbito da comunicación. Asi mesmo o Centro Multimedia de Galicia implementou un sistema de teleformación presencial distribuído nos Telecentros de Comunicación. A Secretaría Xeral de Medios ofrece ao cidadán unha ampla oferta multimedia e abre unha vía de comunicación tecnolóxica coa Administración Autonómica que lle permite impulsar e asumir proxectos innovadores que ofrezan solucións de interese para a cidadanía galega.
Novas
|