Grupo 1: 10h30
Grupo 2: 20h00
...PREZOS: Inscrición + primeiro exame: 35,00 €
Seguintes exames: 15,00 € por cada módulo
Edición diploma: 10,00 €
+info: 981 509 908

Presentación do libro O fútbol en Brión, 25 anos da SD Club Brión escrito por Xosé Manuel Trigo Romero e Manuel Xesús Xiráldez González. Terá lugar no Centro Social Polivalente de Brión o vindeiro venres 25 de febreiro ás 20h30. Non faltedes, pagará a pena.

Os vintecinco anos de vida cumpridos polo Club de fútbol e Sociedade Deportiva Brión (1970-1983 e 1996-2008) están tras a idea de escribir unha historia do equipo da Vila de Altamira. Citando o prólogo da obra, máis alá dun simple relatorio estatístico o libro, que acaba de editar Follas Novas, ofrece unha ampla crónica deportiva sempre situada nos diferentes contextos políticos, socioeconómicos e culturais acontecidos dende finais do século XIX ata a actualidade.
Os autores da obra son dous veciños do concello, Xosé Manuel Trigo, vinculado a SD Brión durante anos como xogador e socio; e Xesús Manuel Xiráldez, profesor de Secundaria natural de Arbo (Pontevedra pero afincado en Brión dende hai anos. Ambos, unidos pola común paixón polo fútbol, decidiron abordar este proxecto, que tamén contou coa colaboración de A. Patiño. Ao longo de dous anos realizaron un arduo traballo, recuperando testemuñas orais, documentos textuais e gráficos e novas na prensa. Neste longo proceso contaron coa colaboración de diversas persoas vinculadas en algún momento á SD Brión, que fixeron un pouco máis doado o traballo de investigación.
O froito: un libro que acaba de ser editado por Follas Novas e que xa se pode mercar neste establecemento, ademais de na libraría Máinomen (Bertamiráns) ou directamente cun dos autores: Trigo. A obra, un libro de gran formato, reproduce nas súas máis de 230 páxinas abundante material gráfico, no que destacan documentos e fotografías relacionados coa historia de Brión e os seus equipos de fútbol.

Aberta a preinscrición nos Cursos Celga en Brión
Aquelas persoas interesadas en cursar algún dos catro niveis formativos dos cursos de Linga galega Celga xa poden realizar a preinscrición nos mesmos.
Datas, horarios e lugar de celebración dos cursos:
A acción formativa terá lugar do 4 de abril ó 26 de maio, de luns a xoves, de 19:30 a 22:00 horas no Centro Social Polivalente. Poderase solicitar a realización dos cursos nos que haxa preinscritos un mínimo de 20 persoas. En caso de non facer grupo, poderase solicitar a inscrición de xeito individual nos cursos que realiza a Xunta de Galicia (información na Casa da Cultura e na páxina web da Xunta de Galicia), rematando o prazo de inscrición o día 28 de febreiro de 2011.
O PRAZO DE PREINSCRICIÓN exténdese ata o 25 de FEBREIRO na Casa da Cultura (Carballeira de Santa Minia nº 5), Tlf. 981 509 908. É gratuíto.

O departamento de novas texnoloxías do Concello de Brión, que comezou o ano traballando nunha nova versión da súa web institucional, vén de anotar un punto na súa particular conta de iniciativas exitosas (que por certo non son poucas) ao obter un incremento do 7,68 por cento no número de visitas aos seus tres portais web durante o ano pasado.
En total, no 2010 as webs rexistraron un total de 74.878 visitas, o que supón 5.339 máis ca en 2009, unhas cifras moi representativas que supoñen unha media de 6.240 visitas mensuais.
A web máis consultada, segundo informan dende a entidade pública, “é a institucional, que rexistrou un total de 32.976 visitas no ano 2010”. Unhas cifras ás que hai que engadirlle as 7.000 visitas recibidas nos diferentes blogs temáticos que contén esta web, entre as que destacan BrionTV , plataforma inaugurada en marzo de 2010 que recolle 26 vídeos sobre o municipio e as súas xentes, e Excursiónmocidadebrion, portal da mocidade e voluntariado, que recolle información sobre a romería de Santa Minia e a Festa do Cabalo principalmente e que xa ten 3 anos de vida.
Agora, aproveitando o tirón de visitas que está xerando a web por parte da súa veciñanza, o departamento de novas tecnoloxías do Concello de Brión púxose a traballar nunha nova versión, máis moderna e accesible da súa principal web, “cunha grande calidade visual e moi intuitiva”, segundo engade o técnico municipal de Novas Tecnoloxías, Julio Mallo Nieto, “que podería ver a luz nun prazo aproximado de dous meses”.
A esta web institucional, hai que engadirlle as outras dúas páxinas administradas polo Concello: www.infobrion.com e www.briondixital.org, que recibiron 28.316 e 13.586 visitas respectivamente ao longo do pasado ano.
Finalmente, outro dos “pratos fortes” (como o fan chamar dende a entidade local) é a conta que esta entidade mantén aberta en Facebook, a oficial do Concello de Brión, que está a piques de cumprir dous anos de vida e que a día de hoxe conta cun total de 1.650 seguidores. Neste perfil de Facebook, entre outras cousas, o Concello de Brión informa sobre as actividades e iniciativas que se levan a cabo nos seus lindes e que son de interese para toda a veciñanza.
FONTE: Código Cero