Cursos de Informática para a maiores de 65 anos a dous niveis
Inicio.- Os xoves de 15:30 a 17:00
Avanzado.- Os xoves de 11:00 a 12:30
Cursos de Informática para a maiores de 65 anos a dous niveis
Inicio.- Os xoves de 15:30 a 17:00
Avanzado.- Os xoves de 11:00 a 12:30
Curso de informática básica para maiores de 18 e menores de 65 anos, os xóves de 19:30 a 21:00 horas
Estánse a impartir os curos de Informática para nenos e nenas de Monterroso, divididos en 3 grupos segundo a idade:
1.- Nenos e nenas de 4 a 6 anos os martes das 17:00 ás 18:00 horas
2.- Nenos e nenas de 7 a 9 anos os martes das 18:00 ás 20:00 horas
3.- Nenos e nenas de máis de 9 anos os xóves das 17:30 ás 19:00 horas
A Xunta de Galicia, xunto coas aulas CeMIT de Vimianzo e Abegondo, organizan o “I concurso de curtas co móbil na rede CeMIT”.
Se estás matriculado nun centro educativo de Galicia e queres participar podes facelo cumprimentando os formularios e creando, só ou cos teus amigos, a túa propia película co móbil.
Descarga todo o necesario:
· Le as bases do concurso
· Cumprimenta correctamente o formulario de inscrición
· Se eres menor de idade, necesitas unha autorización
· Atopa a túa aula CeMIT máis próxima
A través do Facebook (facebook.com/imitxunta) poderase votar a nosa curtametraxe favorita e optar a gañar grandes premios: Ipods, cámaras, un netbook, etc
¿Eres capaz de mostrar a túa creatividade en 2 minutos?
¿Atréveste?
Prazo de inscrición: do 15 de novembro de 2011 ao 29 de febreiro de 2012
· A actividade terá lugar na semana do 12 ao 16 de decembro, en xornada de mañán, simultáneamente en varias aulas CeMIT
Durante a semana que vai do 12 ao 16 de decembro de 2011, os escolares galegos de infantil poderán volver a interactuar con Papa Noel a través do sistema de videoconferencia instalado na maioría das aulas da rede CeMIT.
O obxectivo desta actividade, que conta cun gran interese entre a comunidade educativa, será o de establecer unha comunicación fluída e cara a cara entre Papá Noel e os nenos destas comarcas, poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo.
O mecanismo é sinxelo: desde a aula cabeceira sita en Santiago de Compostela, onde estará Papa Noel, establecerase unha videoconferencia con varias aulas ao longo da xornadas de mañán. Cunha duración aproximada de media hora en cada aula, os máis cativos da casa poderán facer as súas peticións de Nadal e interactuar directamente e sen intermediarios botando mán das novas tecnoloxías.
É por isto que necesitamos a vosa colaboración para promocionar e difundir esta actividade entre os grupos de educación infantil dos centros do teu concello e facilitar as inscricións que nalgúns concellos xa nos demandaron.
Pasos para realizar a preinscrición:
Despois da experiencia doutros anos, e para non facer demasiado monótona á espera de turno para os rapaces ou templar os seus nervios e temores ante un micrófono, sería aconsellable comentar co equipo docente a posibilidade de integrar esta actividade dentro doutra de dinamización como pode ser unha pequena festa, acto explicativo, emisión de video ou reparto de golosinas, a elección do voso criterio.
NOTA: Este acto realizarase naquelas aulas que teñen un sistema de videconferencia que utilice un protocolo compatible co H323, tipo Polycom, Tandberg, …No caso de estar interesados e non dispoñer deste hardware, terían que poñerse en contacto coa aula CeMIT mais próxima que dispoña deste sistema.