A Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin e accesibles para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
A política de accesibilidade aplicada pola Xunta de Galicia está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, que aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.
Alcance
O alcance desta declaración de conformidade de accesibilidade é o de todas as páxinas do portal web da Xunta de Galicia www.xunta.es que manteñan a mesma cabeceira e pé de páxina que a portada do portal.
Cumprimento de estándares
Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Chrome, Opera, Konqueror, Internet Explorer, Safari, etc.
Data de última revisión
A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada con data do 10/02/2011.
Uso das características de accesibilidade
O acceso ás características de accesibilidade varía entre os navegadores máis utilizados. Nesta sección descríbense os métodos concretos para sacar o maior partido ás facilidades que proporciona cada un deles
Teclas de acceso rápido
O acceso ás ligazóns que teñen unha tecla de acceso rápido definida realízase pulsando distintas combinacións de teclas segundo o navegador:
Neste portal web están dispoñibles as teclas de acceso rápidos:
0 - Portada
1 - Mapa do portal
2 - Accesibilidade
3 - Atendémolo/a
No caso de haber tabs as teclas son:
A - Primeira
B - Segunda
C - Terceira
E así sucesivamente.
Tamaño dos textos
As páxinas da web da Xunta de Galicia especifican o tamaño dos textos de forma relativa, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou diminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do usuario, e sen crear problemas de visualización.
Pode controlar o tamaño dos textos no seu navegador da seguinte maneira:
Navegación
Para facilitar a navegación e identificación do portal, todas as páxinas do portal web manteñen compoñentes comúns como a cabeceira e pé de páxina.
A cabeceira contén principalmente:
Un espazo de utilidades:
Un menú principal con...
O pé contén principalmente:
Ligazóns á páxina de inicio, á “Oficina de rexistro único e información”, á sección de “Suxestións e queixas”, a información de “Aviso legal”, e ao servizo de ”Atendémolo/a”.
Contacto
A Xunta de Galicia, na súa procura de mellorar de xeito continuado a accesibilidade deste portal, convida a que a cidadanía notifique as dificultades coas que se puido atopar ademais de calquera outra suxestión sobre a accesibilidade que estime a través do servizo de atención e contacto Atendémolo/a.