Segundo o establecido no Decreto 325/2009, do 18 de abril, a Secretaría Xeral de Medios xestiona e coordina os proxectos multimedia no ámbito da comunicación, a través do Centro Multimedia de Galicia (CMG), achegando os recursos de Telecomunicación, Información e Comunicación (TIC), a toda a cidadanía, co obxectivo final de impulsa-la formación, estimula-lo uso e fomenta-la integración destes servizos na sociedade galega,
Dende a súa inauguración no ano 2000, actúa coma centro neurálxico de incorporación de contidos, aplicacións multimedia ou audiovisuais, asumindo a planificación e xestión das infraestructuras tecnolóxicas, servizos e aplicacións das novas tecnoloxías da información e a comunicación.
Aulas Multimedia conforman o ente básico do CMG, espacios dotados de infraestructuras tecnolóxicas capaces de soportar servizos avanzados de conferencia, videoconferencia, presentacións remotas, teleformación, videoteca, streaming de vídeo e outras máis sinxelas. A Secretaría Xeral de Medios colabora cos concellos na implantación das Aulas Multimedia, sendo por conta dos concellos a dotación dos espazos físicos e a obra civil, mentres que a Secretaría Xeral de Medios encárgase da implantación e coordinación do eido tecnolóxico.
A Unión Europea tamén colabora no financiamento dos investimentos tecnolóxicos, a través dos Fondos Europeos para o Desenvolvemento Rexional (FEDER), aportando un 75% a Unión Europea e un 25 % a Comunidade Autónoma de Galicia.
Dende 2010, o Centro Multimedia de Galicia e as Aulas Multimedia están integradas dentro da rede CeMIT da Xunta de Galicia (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica), posta en marcha coa finalidade de coordinar as actuacións das distintas aulas públicas de acceso a Internet dependentes da Comunidade Autónoma, dirixidas a alfabetización dixital e ao desenvolvemento da Sociedade da Información, en colaboración co Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)